Máis de cen debuxantes chegan ás rúas e prazas de Santiago con Compostela Ilustrada

O programa oferta diferentes actividades desde este xoves ata o domingo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2023 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

A sexta edición do Encontro Internacional de Ilustradores de Cadernos de Viaxe 'Compostela Ilustrada' reunirá en Santiago,desde este xoves e ata o domingo 12 de novembro, a máis de cen debuxantes chegados desde diversos países de Europa.

Compostela ilustrada
Compostela ilustrada | Fonte: Santiagoturismo.com

Durante as mañás do venres 9 e o sábado 10 desenvolveranse talleres de ilustración en distintos lugares e espazos emblemáticos de Santiago. Este ano o Encontro buscou que os instrutores teñan perfís totalmente diferentes para enriquecer aínda máis o debuxo dos participantes.

Así, poderase aprender a "vitaminar o teu caderno", con Tazab na praza de Abastos, a facer un retrato de corpo enteiro con Lluïsot no barrio de San Pedro, a captar a paisaxe contrastando cores, con Marion Rivoller nos soportais do pazo de Raxoi ou a debuxar a vida no parque, con Lis Watkins na Alameda.

XORNADAS DE ILUSTRACIÓN URBANA

Tamén o venres 9 e o sábado 10, pero en sesión de tarde --a partir das 16,00 horas--, desenvolveranse no auditorio de Galicia as Xornadas de Ilustración Urbana. Nelas, segundo explicou Gemma Sesar, directora de Compostela Ilustrada, sepresentarán "proxectos e experiencias que levaron aos artistas convidados a poder considerar o debuxo, ademais dunha paixón, unha profesión".

Este venres Marion Rivolier falará da súa experiencia como directora do documental 'Frontière(s)'; Paulo J. Mendes farao do seu achegamento ao 'urban sketching' e sobre como cambiou a súa vida; e Federico Grandell comparará as súas experiencias como debuxante de cadernos de viaxe en Lanzarote e Siracusa. Ás 16,15 horas, na sala Mozart do auditorio de Galicia, o Compostela Ilustrada acollerá a estrea en España do documental 'Frontière(s)', un filme que recolle o traballo realizado polo colectivo Urban Sketcher de París cos reclusos do cárcere Paris A Santé, no que impartiron un ciclo de talleres dedibujo.

CLASE MAXISTRAL E DEBUXO CON CAFÉ

A sexta edición do Compostela Ilustrada ábrese este xoves ás 16,00 horas cunha clase maxistral de Mónica Urrutia sobre Instagram para debuxantes. Tamén nesta xornada a ilustradora Montsino debuxará en escaparates de comercios do cascohistórico compostelán.

Como xa é tradición, Compostela Ilustrada finalizará o domingo pola mañá cunha 'quedada', na que participan os inscritos e os artistas invitados para debuxar algún recuncho de Compostela. A quedada deste ano terá unha particularidade e é que todos os participantes van debuxar con café. A actividadestará dirixida por Oniel Rodríguez e desenvolverase de 10,30 a 11,30 horas na praza de Pratarías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta