O ERE de Einsa Print afectaría a 154 traballadores da planta das Pontes, o 67 % do persoal

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 08/11/2023 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

O Expediente de Regulación de Emprego (ERE) exposto pola dirección da compañía Einsa Print afectaría a 154 traballadores da planta das Pontes, o 67 % do seu persoal. Así llo trasladaron os avogados contratados pola dirección da empresa aos representantes dos traballadores nunha reunión celebrada este mércores na sede do Consello Galego de Relacións Laborais.

Deste xeito, o ERE deseñado pola dirección da compañía dedicada ás artes gráficas suporía o despedimento do 67 % dos empregados da súa factoría no polígono de Penapurreira, ademais doutras oito das oficinas de Madrid. "A empresa mantén a súa postura, entregounos nova documentación para analizar e desde o comité de empresa solicitamos outro plan de viabilidade que non pase só pola destrución de empregos", sinalou o presidente do comité de empresa, Daniel Pena (CIG).

OUTROS ENCONTROS

Por outra banda, o comité de empresa foi recibido na tarde deste martes pola conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, quen se comprometeu a revisar a concesión de subvencións, segundo afirmou tras a reunión Pena. Ademais, a responsable do Goberno tamén trasladou a súa intención de analizar a situación que atravesa a compañía para, máis tarde, citala a un encontro para coñecer os seus plans de futuro. Este xoves 9 de novembro o comité de empresa de Einsa Print manterá unha reunión cos grupos municipais no Concello das Pontes. Alí convocaron ás 10.00 horas aos traballadores para concentrarse no exterior do consistorio pontés.

Concentración dos traballadores de Einsa Print en maio
Concentración dos traballadores de Einsa Print en maio | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta