O emprego do sector turístico dispárase un 20% en Galicia no verán

Os ocupados alcanzan a cifra de 137.000 na comunidade no terceiro trimestre.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2023 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

O emprego do sector turístico repuntou un 20% en Galicia no verán, cun total de 130.000 ocupados. Supón o terceiro maior aumento entre comunidades, só por detrás Extremadura (20,7%) e Murcia (20,6%), segundo os datos publicados por Turespaña este luns.

En concreto, os 137.000 ocupados en turismo na comunidade galega no terceiro trimestre repártense: 106.342 asalariados e 30.658 autónomos. Os ocupados son o 4,6% do total de España. O emprego turístico en España alcanza os 2,95 millóns de ocupados no terceiro trimestre do ano, o que representa un incremento do 6,5% respecto ao mesmo período de 2022. Supoñen xa case o 14% do total do emprego da economía nacional.

Entre xullo e setembro de 2023, as actividades vinculadas ao turismo rexistraron 180.604 empregados máis que no mesmo trimestre do ano anterior, o que representa un de cada catro empregos creados durante ese período no conxunto da economía española (720.000). É dicir, o 25,1% dos novos traballos foron froito das actividades vinculadas ao turismo.

Os traballadores activos en turismo no segundo trimestre do ano superaron o tres millóns (3,2 millóns), un 5,5% máis que no mesmo período do ano anterior. Con iso os ocupados no sector turístico constituíron o 13,9% do emprego total na economía española. "Seguimos transformando as condicións materiais do emprego vinculado ao turismo: máis ocupados, máis asalariados, máis contratos indefinidos e máis xornadas completas: en resumo, máis e mellores empregos para reforzar a natureza social do turismo", afirmou o ministro de Industria, Comercio e Turismo en funcións, Héctor Gómez.

AUMENTO EN TODAS AS ACTIVIDADES

Neste terceiro trimestre, as principais actividades turísticas rexistraron crecementos, como xa sucedeu no trimestre precedente. A hostalaría aumentou un 7,7%, debido á evolución positiva tanto dos servizos de comidas e bebidas (7,9%) como dos servizos de aloxamento (7,0%). En transporte de viaxeiros a variación interanual foi do 10,9%.

O crecemento principal do terceiro trimestre deuse entre os asalariados (10,1%) ascendendo ata os 2,49 millóns. Os asalariados mostraron aumentos en todas as actividades turísticas. En transporte de viaxeiros (19,4%), en hostalaría (11%) e noutras actividades turísticas (4,5%). En relación ao tipo de xornada, os asalariados con xornada completa representaron o 77,9% do total de asalariados e aumentaron un 9,6%, mentres que os asalariados a tempo parcial aumentaron un11,9% e representaron o 22,1%.

Para Héctor Gómez, o crecemento constante dos asalariados con contrato indefinido é "un fito na historia da industria española do turismo" e unha mostra de que "as políticas vinculadas a propostas turísticas de calidade e desestacionalizadas teñen consecuencias positivas nos destinos: consecuencias en forma de traballos máis seguros e mellor remunerados para a cidadanía".

Turistas mostran os seus pases para acceder á praia das Catedrais.
Turistas mostran os seus pases para acceder á praia das Catedrais. | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta