Tres piratas informáticos usan unha rede de computadores zombis para atacar a unha empresa de ciberseguridade de Teo

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña pide 7 anos de cárcere para estes 'hackers' e unha indemnización de 15.000 euros para a compañía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2023 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña xulga este mércores, 8 de novembro, a tres piratas informáticos por utilizar unha rede de computadores zombis "coa intención de causarlle un grave prexuízo de forma intencional" á empresa Tarlogic Security, con sede en TeoO fiscal pide sete anos para este tres individuos (nados en 1973, 1980 e 1986) por uns feitos ocorridos en xullo e setembro de 2013. Igualmente, demándase unha indemnización conxunta de 15.000 euros para a compañía.

Segundo o relato da acusación, os tres 'crackers' (piratas informáticos con fins delituosos) usaron o programa Free radio network, que facilitaban na web radioenlaces.net, previamente modificado cun código malicioso, a través do cal infectaban os computadores de múltiples usuarios en toda España, que despois utilizaban para provocar numerosos ataques de denegación de servizos á empresa Tarlogic Security (dedicada ao asesoramento tecnolóxico e protección de equipos fronte a ataques informáticos).

"Mediante múltiples e masivas peticións fragmentadas, así como continuas consultas, realizadas na súa maioría desde o IP 'webfusión internet solutions', onde se atopaba aloxada a web radioaficionados.org.es, fixeron que o servidor de Tarlogic se sobrecargara, non podendo prestar os servizos aloxados no seu IP, tendo en conta que deixaron de funcionar por sobrecarga e causando especial prexuízo a citada web", sostén o fiscal.

Estes danos informáticos "motivaron múltiples prexuízos a Tarlogic", consistentes na denegación de servizos ás súas diferentes webs aloxadas nos seus servidores, así como os derivados da necesidade de restaurar os sistemas ao seu estado orixinal. Os danos calcúlanse en 15.000 euros.

Hackers Anonymous
Hackers Anonymous | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta