Os abonos de Renfe disparan o uso do tren en Galicia: 2 millóns de viaxeiros máis entre xaneiro e setembro en 2023

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2023 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Renfe rexistrou un aumento de dous millóns no número de viaxeiros dos trens de servizo público en Galicia entre xaneiro e setembro deste 2023, ano no que estiveron en vigor os abonos gratuítos e os descontos do 50 por cento, no caso dos Avant. En total, máis de cinco millóns de clientes utilizaron os servizos da operadora pública na comunidade galega nos nove primeiros meses do ano. De todos eles, 3,9 millóns corresponden a servizos de Media Distancia e Proximidades, un 61 por cento máis que en 2022.

Doutra banda, os Avant rexistraron 1,1 millóns de viaxeiros. A conexión entre Ourense, Santiago e A Coruña incrementou nun 60 % o número de viaxeiros con respecto ao primeiros nove meses do ano anterior; mentres que os servizos que conectan Ourense coa Gudiña, Zamora e Sanabria, actualmente bonificados con abonos ao 50 por cento para viaxeiros recorrentes, utilizáronos 95.400 viaxeiros.

No total nacional, Renfe transportou máis de 386,4 millóns de viaxeiros nos nove primeiros meses de 2023. Do total de viaxeiros, 363,5 millóns corresponden a Obrigacións de Servizos Públicos (Proximidades, Media Distancia e Avant) e 22,9 millóns de viaxeiros utilizaron os servizos AVE, Avlo, Alvia, Euromed e Intercity.

Dúas persoas compran billetes nos caixeiros de venda automática na estación de trens de Santiago de Compostela
Dúas persoas compran billetes nos caixeiros de venda automática na estación de trens de Santiago de Compostela | Fonte: César Arxina - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta