Comeza a 13ª Edición do Outono Códax Festival cos concertos en Santiago de Sunny War e Pokey Lafarge

A súa programación, fiel á súa filosofía, inclúe a participación de artistas de referencia internacional unha representación do blues e do rock español e dúas bandas galegas representativas do panorama actual.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2023 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

A décimo terceira edición do Outono Códax Festival arrinca cunha intensa fin de semana no que programa dous grandes concertos en Santiago --dos estadounidenses Sunny War e Pokey Lafarge--, unha actuación en directo en Madrid, a presentación dun libro e dúas picadas.

Un ano máis e baixo o apoio e colaboración de Adegas Martín Códax, o festival impulsado por Raíña Productions e A Reixa achegará a Galicia o mellor do xénero, reunindo a destacados representates do soul, jazz, swing ou blues.

A súa programación, fiel á súa filosofía, inclúe a participación de artistas de referencia internacional --algúns dos cales actúan por primeira vez en Galicia--, unha representación do blues e do rock español e dúas bandas galegas representativas do panorama actual.

CONCERTO INAUGURAL

A protagonista do concerto inaugural do Outono Códax 2023 será a aclamada cantautora norteamericana Sunny War, que chega a Santiago este venres --Riquela Club, a partir das 21,00 horas-- cun novo álbum recentemente publicado.

É o sexto, titúlase 'Anarchist Gospel' e nel teñen cabida o góspel, o country blues, o folk introspectivo, o rock and roll e mesmo certos experimentos vangardistas. Un disco polo que xa foi prenominada en varias categorías dos premios Grammy.

POKEY LAFARGE

Este sábado, día 4, o Outono Códax presenta a Pokey Lafargue, un dos grandes recuperadores da tradición musical norteamericana, especialmente dos sons anteriores á década dos 50. O norteamericano chega a Compostela para presentar o seu disco recentemente publicado: 'In the blossom of their shade'. Encargaranse de abrir este concerto Momboi, un dos principais expoñentes da nova xeración de músicos galegos interesados polas sonoridades do outro lado do Atlántico.

O seu son parte do gusto pola música de raíz latinoamericana, pretendendo non tanto unha aproximación tradicional senón a mestura desta co funk, jazz, rock and roll e, por suposto, o folk-rock máis fronteirizo. O concerto terá lugar o sábado na sala Capitol a partir das 21,00 horas.

PRESENTACIÓN EN MADRID

Entre as novidades que se incorporan nesta 13ª edición do Outono Códax, figura a realización dunha presentación do festival na sede da Fnac en Madrid, co obxectivo de dar a coñecer e pór en valor o festival así como os concertos e actividades que se van a desenvolver en Santiago o resto do mes.

A presentación terá lugar este domingo ás 13,00 horas e contará coa actuación da banda galega The Limboos, que estrearán en directo algúns dos temas do seu inminente novo disco.

As actividades do Outono Códax en Madrid complétanse cun concerto de Sarah Shook & The Disarmers o martes 7 na sala Clamores e coa gravación e emisión en directo ese mesmo día do podcast 'Outono Códax 2023', desde o local Chopper Monster.

LIBRO, COLOQUIO E PICADAS

A programación de actividades paralelas do outono Códax se inciia coa presentación o sábado 4 ás 19,00 horas na Reixa-Matrioska do libro 'Collado. A maldición dunha casa de comidas', de Carles Armengol.

A presentación contará coa presenza do autor da obra, quen participará nun posterior coloquio cos asistentes.

Carles Armengol será tamén o encargado de realizar unha das picadas deste Outono Códax. Concretamente a que terá lugar na Reixa o sábado a partir das 23,45, en compañía de Dj David Diz e Dj Quincalla.Tamén o sábado 4 pero no Riquela Club, a partir das 23,45 horas, picará Javi Savoy.

Momboi. Foto cedida polo Outono Códax 2023.
Momboi. Foto cedida polo Outono Códax 2023.

Sunny War. Foto cedida Outono Códax.
Sunny War. Foto cedida Outono Códax. | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta