Trasladado un veciño de Vilagarcía ao hospital por intoxicación con fume por un lume na súa vivenda

Os bombeiros encargáronse de sufocar as chamas e determinaron que a orixe do incendio estivo nunha tixola esquecida ao lume na cociña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2023 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

Un veciño foi trasladado a un hospital ao resultar intoxicado por inhalación de fume no incendio da cociña da súa vivenda, situda en Vilagarcía de Arousa.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar na avenida Doutor Tourón ás 10,00 horas deste venres.

Tras recibir a alerta de mans dun veciño da zona, a central do 112 pasou o aviso aos bombeiros e a Urxencias Sanitarias 061.

O ocupante da vivenda foi atendido polo persoal sanitario, que procedeu ao seu traslado ao Hospital do Salnés cun cadro de intoxicación por inhalación de fume.

Os bombeiros encargáronse de sufocar as chamas e determinaron que a orixe do incendio estivo nunha tixola esquecida ao lume na cociña.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta