Unha avaría mantén unha hora e medio parado en Padrón un tren da liña Vigo-A Coruña

Noutro os viaxeiros tiveron que ir de pé.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2023 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

Unha avaría mantivo parado sobre a vía ás portas do municipio coruñés de Padrón un tren da liña de media distancia entre Vigo e A Coruña.

O tren tomou a saída da estación de Vigo ás 06,40 horas pero quedou paralizado por "unha incidencia técnica puntual" na zona de Padrón durante 95 minutos, segundo informaron a Europa Press fontes do operador ferroviario.

Transcorrida máis de hora e media, o tren puido retomar a marcha e circula agora cun atraso acumulado de 110 minutos.

Trens de proximidade parados nas vías da estación de trens
Trens de proximidade parados nas vías da estación de trens | Fonte: César Argina - Europa Press

VIAXEIROS DE PÉ

Noutro tren de media distancia entre A Coruña e Vigo, con saída ás 09.00 horas, parte dos viaxeiros tiveron que facer o traxecto de pé debido a que faltaban vagóns no tren.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta