A Deputación de Pontevedra aumenta un 4,2% os seus orzamentos, ata os 189,2 millóns en 2024

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2023 | Actualizada ás 16:31

Comparte esta noticia

Os orzamentos da Deputación de Pontevedra en 2024 aumentarán un 4,2% respecto deste ano ata alcanzar os 189,2 millóns de euros que se incrementan a 193 se se inclúen as partidas para a Escola de Enfermaría, o Consorcio de bombeiros, a Leira de Mouriscade, o centro Príncipe Felipe e a Estación Fitopalógica de Areeiro.

O proxecto de orzamentos foi presentado este xoves polo presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, que tamén desvelou a nova imaxe corporativa da institución, que aposta pola cor verde e á súa "función de ponte" da administración provincial.

Segundo explicou López, "un terzo" dos orzamentos irá parar "a axudar" aos concellos pontevedreses a través do Servizo de Cooperación, que sobe un 16,4% ata os 66 millóns, 9,3 máis que no presente exercicio.

Esta cantidade obtense da suma do diñeiro orzado para o plan 'Máis Provincia' e o plan 'Provincia Comunitaria', dotado de 2 millóns de euros. Neste apartado contémplanse os convenios específicos "para cada unha das cidades de Vigo e Pontevedra" con 7,5 millóns de euros, contía que, como apuntou López, pode verse incrementada en función dos proxectos que se presenten.

En concreto, o novo plan de servizos e obras destinado aos concellos coñecido como 'Máis provincia' está dotado con 48,2 millóns de euros, cantidade un 9% superior á contemplada o pasado ano no equivalente 'Plan Concellos'.

A Deputación de Pontevedra terá un orzamento de 189,2 millóns de euros en 2024, un 4,2% máis que este ano. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A Deputación de Pontevedra terá un orzamento de 189,2 millóns de euros en 2024, un 4,2% máis que este ano. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta