Eliminado un punto de vertedura de augas residuais ao Rego do Porto en Noia

A orixe da afección foi detectado na rede de pluviais municipais con filtracións de augas residuais urbanas no lugar de Orro, na parroquia de Santa Cristina de Barro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2023 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia


A Xunta eliminou un punto de vertedura de augas residuais ao Rego do Porto, no concello coruñés de Noia. O punto de vertedura foi localizado nas inspeccións rutineiras de seguimento realizadas polos técnicos do Programa de Control de Verteduras no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

A orixe da afección foi detectado na rede de pluviais municipais con filtracións de augas residuais urbanas no lugar de Orro, na parroquia de Santa Cristina de Barro.

Augas de Galicia informou o Concello para que adoptase as medidas necesarias para solucionar o problema e, posteriormente nunha nova visita, os técnicos verificaron que as actuacións realizadas polo Concello de selado dunha ruptura na rede municipal e de conexión coa rede de pluviais e a súa limpeza, permitiron solucionar a vertedura.

Vista da ría de Noia
Vista da ría de Noia | Fonte: Ría de Muros e Noia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta