Un home resulta ferido de consideración tras chocar co coche contra un poste de formigón en Noia

Tivo que ser trasladado en helicóptero tras perder a consciencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2023 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

Un condutor foi trasladado este venres en helicóptero tras sufrir un accidente no municipio coruñés de Noia, onde chocou co vehículo no que circulaba contra un poste de formigón. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, o accidente produciuse na entrada do polígono Auga Levada, en Noia, ás 17.15 horas.

A consecuencia do impacto, o condutor resultou ferido de consideración e perdeu a consciencia. Debido a magnitude do accidente, os efectivos do GES de Noia tiveron que intervir para liberar á persoa e sacala do vehículo. 

Polígono de Augalevada, en Noia
Polígono de Augalevada, en Noia | Fonte: Commons

Unha vez liberado e accesible, o ferido foi atendido polos profesionais de Emerxencias Sanitarias de Galicia-061 e, posteriormente, trasladado a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. A maiores, fai falta destacar, que neste operativo tamén participaron os Bombeiros de Boiro, os axentes da Garda Civil e da Policía Local e os membros de Protección Civil de Noia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta