Gran parte da costa galega estará este venres en alerta laranxa por ondada, pero cesan os avisos por choivas

Concretamente, a alerta darase no noroeste da provincia da Coruña e a Costa da Morte. Para a Mariña lucense e as Rías Baixas, a alerta a partir deste venres por fenómenos costeiros será amarela, como tamén o será por 'mar de vento' na Mariña e en toda a costa coruñesa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2023 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

Gran parte da costa galega estará este venres en alerta laranxa por ondada e fenómenos costeiros, segundo Meteogalicia. Concretamente, o noroeste da provincia da Coruña e a Costa da Morte. Para a Mariña lucense e as Rías Baixas, a alerta a partir deste venres por fenómenos costeiros será amarela, como tamén o será por 'mar de vento' na Mariña e en toda a costa coruñesa.

Pola súa banda,AEMET eleva a alerta laranxa por ondada á zona de Rías Baixas-Pontevedra e Miño-Pontevedra e á costa de Lugo. Prevén ondas de entre cinco e seis metros e ventos de forza 7 (de 50 a 61 km), que ocasionalmente poden alcanzar forza 8 (de 62 a 74 km) en determinados lugares como Ortegal-Bares ou na Mariña. Ambos os servizos desactivaron os avisos choivas, despois de que este xoves o interior de Pontevedra estivese en alerta laranxa por precipitacións intensas.

Varias persoas xunto ao mar, a 20 de outubro de 2023, na Coruña
Varias persoas xunto ao mar, a 20 de outubro de 2023, na Coruña | Fonte: M. Dylan - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta