Os oito focos da enfermidade hemorráxica epizoótica detectados en Galicia deixan unha decena de vacas mortas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2023 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia

A enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE) deixa un total de 10 animais bovinos mortos nos oito focos existentes ata a data en Galicia. Deste balance informa a Consellería de Medio Rural. A pasada semana detectouse no municipio coruñés de Mesía o ata agora último foco comunicado, o que elevou a oito o total declarado na comunidade galega.

A EHE é unha enfermidade infecciosa, pero non contaxiosa, producida por un virus que se transmite aos animais exclusivamente a través da picadura de mosquitos do xénero CulicoidesDada a vía de transmisión, esta enfermidade aparece mentres exista o mosquito vector circulando no ambiente. Por tanto, existe un período de posible afectación dos animais (aproximadamente de abril a decembro) e outro, nos meses de inverno, nos que ao non existir circulación do vector, non existe posibilidade de infección nos animais.

A única vía de contaxio nos animais é a través da picadura dos mosquitos transmisores
, polo que non é posible a transmisión directa ou indirecta entre eles. Esta doenza non afecta as persoas, nin pola picadura do mosquito transmisor, nin por contacto con animais infectados, nin polo consumo de produtos de orixe animal (como a carne ou o leite) de animais afectados.

Vacas dunha gandaría de lácteo en Sabadelle, a 7 de agosto de 2023, en Chantada, Lugo
Vacas dunha gandaría de lácteo en Sabadelle, a 7 de agosto de 2023, en Chantada, Lugo | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta