A Xunta adxudica case 70.000 metros cadrados de chan empresarial en cinco polígonos industriais galegos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2023 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

A Xunta adxudicou case 70.000 metros cadrados de chan empresarial en cinco polígonos, con bonificacións do prezo de venda por importe de máis de 3,3 millóns de euros. Segundo informou o Executivo galego, o prezo de adxudicación das parcelas, unha vez descontadas a bonificación, foi de 7,15 millóns de euros.

A maior parte das parcelas adxudicas corresponden ao parque de Morás, en Arteixo, onde adxudicaron 10 a tres empresas dedicadas á fabricación de cadros eléctricos, á produción, almacenamento e distribución de hidróxeno verde renovable e a terceira a transporte e loxística.

Na área empresarial de Bértoa, en Carballo, adxudicaron unha parcela á empresa do sector de montaxe e reparación de portas eléctricas.

No parque da Sionlla, en Santiago, adxudicaron dúas parcelas a empresas destinadas ao comercio de produtos alimenticios e bebidas e ao transporte de mercadorías por estrada. Ademais, a parcela adxudicada en Negreira corresponde a unha empresa de almacenamento, mantemento e reparación de camións e escenarios móbiles.

Finalmente, no polígono lucense das Gándaras adxudicaron dúas parcelas a empresa dedicada ao centro loxístico dunha empresa de transporte de viaxeiros e á venda de produtos de alimentación e drogaría.

Parque Empresarial de Rianxo
Parque Empresarial de Rianxo | Fonte: seasuelo.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta