Condenada por agresión a activistas anticomunistas a ex cónsul de Cuba en Galicia

Yahima Martínez foi condenada en ausencia como autora dun delito leve de lesións.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/10/2023 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

A exrepresentante diplomática cubana en Galicia, Yahima Martínez Millán, foi condenada en ausencia como "autora penalmente responsable dun delito leve de lesións", informou o medio Martí Noticias.

Yahima Martínez Millán, ex cónsul de Cuba en Galicia nunha rolda de prensa
Yahima Martínez Millán, ex cónsul de Cuba en Galicia nunha rolda de prensa | Fonte: EP

A sentenza foi emitida polo Xulgado de Instrución N.º 2, de Santiago de Compostela, a favor das demandantes, a portuguesa Vania Coelho e a cubana Avana de la Torre. Martínez Millán foi condenada a pagar unha multa de 400 euros, a indemnizar a Coelho con 200 euros "polas lesións sufridas" e a De la Torre polos danos sufridos no teléfono que lle foi arrebatado.

"Estou moi contenta co resultado do xuízo á cónsul de Cuba. Non é tanto polas indemnizacións, senón porque se fixo xustiza. A ditadura cubana cre que ten inmunidade, que pode actuar como quere e onde queira, e fíxose xustiza?, dixo Coelho. De la Torre, pola súa banda, considera que se trata dun xuízo "gañado polo pobo cubano". "É certo que a lei española non lle deu a connotación política que eu quixese", pero é unha sentenza "a favor do pobo cubano", dixo neste medio.

Martínez Millán foi relevada no cargo a mediados de novembro dese ano, motivo polo cal non compareceu ante os tribunais españois. Ambas as activistas anticastristas e anticomunistas atopábanse realizando fotos con mensaxes políticas fronte a un busto de José Martí en Santiago de Compostela, cando tiveron unha disputa coa diplomática cubana.

Estas son as imaxes gravadas polas lesionadas:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta