Sociedade Xitana pide a dimisión da Valedora por "discriminar" a Sinaí Giménez ao vetar a súa presenza nunha reunión

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 19/10/2023 | Actualizada ás 10:43

Comparte esta noticia

A asociación Sociedade Xitana Española emitiu un comunicado no que confirma que non se celebrará a reunión que eles mesmos anunciaran para este xoves, coa Valedora do Pobo, á que acusan de "discriminar" ao seu presidente, Sinaí Giménez, por vetar a súa presenza nese encontro, no que se ía a falar da situación das familias damnificadas no incendio de Vigo que custou a vida a unha nai e tres dos seus fillos.

Nese comunicado, a entidade acusou á Valedora de pretender elixir que representantes de Sociedade Xitana Española poderían acudir ao encontro, e lembraron que "mal que lle pese" Sinaí Giménez é o seu presidente, "elixido de forma democrática" e por iso debería estar na reunión. Por outra banda, afearon á Valedora que xustificase ese veto pola condición de investigado de Giménez, o que "non quere dicir que sexa culpable", e reclamaron a dimisión da Valedora.

Sinaí Giménez en Vigo
Sinaí Giménez en Vigo | Fonte: XdV - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta