A Xunta decreta servizos mínimos na folga de escolas infantís: dous traballadores e outro máis por unidade

A CIG-Ensino critica que os servizos son "abusivos" .

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2023 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia publicou este mércores os servizos mínimos establecidos para a folga nas escolas infantís privadas e de xestión indirecta, que está previsto que arrinque a próxima semana. Estipúlanse dous traballadores de atención directa aos nenos, ademais doutro traballador por cada unha das unidades que teña a escola.

Máis pormenorizadamente, e segundo recolle o DOG, para a xornada de folga habilítanse dous traballadores de persoal de atención directa aos nenos e nenas, que garantan a apertura e peche dos centros ao longo da xornada. Nas escolas de dúas ou máis unidades abertas haberá, ademais, unha persoa de atención directa por cada unha das unidades que teña a escola en funcionamento.

Ademais, quedará garantida a apertura e o peche do centro de traballo mediante o director. Os sindicatos CC.OO. e SNEP, aos que se sumou despois a CIG, convocaron catro días de folga nas escolas infantís privadas e de xestión indirecta polo "bloqueo" na negociación do convenio. Os paros terán lugar o vindeiro xoves 19 de outubro e o 25 do mesmo mes; e o 8 e o 15 de novembro.

Escolas Infantís
Escolas Infantís | Fonte: Arquivo

CRÍTICAS DA CIG

A CIG-Ensino tachou de "abusivos" os servizos mínimos estipulados para a folga en escolas infantís que arrinca este xoves 19 de outubro. Segundo explicaron nun comunicado, os servizos mínimos decretados polo Concello de Arteixo, A Coruña e Santiago ou Castro de Rei, así como polo Consorcio Galego de Igualdade e Benestar (nas escolas infantís de xestión privada) "conculcan o dereito a folga dos traballadores das escolas infantís, tendo que dar o servizo como un día normal de traballo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta