A Xunta aposta pola FP dual para a substitución xeracional ante a escaseza de titulados en máquinas

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 16/10/2023 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destaca a importancia da Formación Profesional Dual para garantir a substitución xeracional no sector pesqueiro galego. Este luns, Villares visitou ao alumnado que cursa na aula de extensión pesqueira de Celeiro o novo ciclo de Navegación e Pesca de Litoral e que imparte o IES María Sarmiento de Viveiro.

Así, trátase de dar resposta ás demandas da confraría e do porto Celeiro. Remarca que a escaseza de titulados de ponte e máquinas son unha das grandes preocupacións do sector.

Deste xeito, apúntase á modalidade que permite deseñar os plans de formación específicos a medida das necesidades das empresas, cunha inserción laboral de case o 100%. Alfonso Villares explica que xa desde o inicio de curso están confirmados os postos de traballo para os 13 alumnos que iniciaron este primeiro ano.

Os alumnos desta nova FP dual recibirán formación durante os próximos dous cursos nos que combinarán clases en terra, de setembro a marzo, con prácticas a bordo de buques pesqueiros ata o mes de agosto que serán contabilizados como días de mar. Estes embarques realizaranse a través da formalización de convenios con empresas armadoras interesadas.

Clase de FP
Clase de FP | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta