Aberto ata o 2 de novembro o prazo para participar no programa galego de impulso ao emprego verde

Poden participar nesta iniciativa persoas en desemprego de 18 a 65 anos que residan, principalmente, en zonas rurais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2023 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia

O prazo de inscrición no programa formativo 'Impulsa Emprego Verde', destinado a mellorar a cualificación das persoas galegas permanecerá aberto ata o próximo 2 de novembro.

Con esta iniciativa, apoiada pola Xunta e desenvolvida pola Fundación Santa María a Real, busca formar a persoas que poidan acceder ás oportunidades laborais no ámbito da economía sustentable.

Segundo informou o Executivo autonómico, a oferta formativa impartirase en liña e comprende 32 horas. Así, inclúe talleres e itinerarios personalizados para que os beneficiarios adquiran habilidades para ocupar novos postos de traballo ligados á economía verde.

Poden participar nesta iniciativa persoas en desemprego de 18 a 65 anos que residan, principalmente, en zonas rurais. Galicia foi unha das tres comunidades autónomas seleccionadas este ano para acoller o programa.

Un gandeiro traballa na leira onde pastan as súas vacas do barrio da Tolda
Un gandeiro traballa na leira onde pastan as súas vacas do barrio da Tolda | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta