Máis dun milleiro de alumnos galegos de 4º da ESO participarán nunha liga de formación en ciberseguridade

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2023 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

Máis de 1.000 alumnos de 4º de ESO de 34 centros educativos de Galicia participarán neste curso na modalidade 'preamateur' do V Ciberliga 2023, unha actividade teórico-práctica de formación en ciberseguridade e a favor dun exercicio responsable da cidadanía.

Esta iniciativa, segundo informou a Xunta, é impulsada pola Garda Civil e foron elixidas para participar, a parte Galicia, Castela a Mancha e Madrid. Desta forma, a actividade desenvolverase ao longo do primeiro trimestre do curso 2023-2024 no Instituto Nacional de Ciberseguridade e terá dúas fases clasificatorias.

A primeira, a nivel galego, consistirá nunha formación en 'streaming' dunha hora de duración seguida dun 'ciber-reto' nun espazo virtual seguro no que participará o alumnado en grupos. Á segunda fase, a nivel nacional, pasarán os cinco mellores equipos clasificados no reto a nivel galego. Así, desenvolverase, con similares características e probas, en Aranxuez do 14 ao 16 de novembro.

Ciberseguridade
Ciberseguridade | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta