Nueva Pescanova asume recolocar ao 90% dos despedidos no ERE

A proposta é "insuficiente" para os sindicatos que anuncias mobilizacións

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 10/10/2023 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

A multinacional galega Nueva Pescanova presentou aos afectados polo expediente de regulación de emprego (ERE) un plan de acompañamento social a través da empresa LHH, onde asumiría o compromiso de recolocar ao 90% do persoal saínte.

Así o expuxo esta semana durante as reunións de negociación que a dirección da compañía mantivo cos sindicatos, segundo informou Comisións Obreiras (CC.OO.) Industria.

En concreto, as opcións que expón a empresa, segundo explica o sindicato, varían en función da idade dos traballadores despedidos. Para as persoas de entre 60 e 63 anos, garantiráselles o 65% do salario fixo bruto anual ata os 64 anos. A esta compensación incluiríaselle o convenio especial coa Seguridade Social para manter a cotización naqueles casos que o necesiten, marcando o tope mínimo dunha anualidade e cun tope máximo de 180.000 euros.

De 63 anos en diante, Nuevava Pescanova mantén a súa oferta de 20 días por ano, cun tope de 12 meses. Para os menores de 60, a empresa pasa de 20 a 25 días por ano traballado, cun máximo de 15 mensualidades.

Concentración de traballadores de Pescanova, ás portas do Ifevi, con motivo de Conxemar, para protestar contra o ERE exposto pola empresa, que prevé 82 despedimentos.
Concentración de traballadores de Pescanova, ás portas do Ifevi, con motivo de Conxemar, para protestar contra o ERE exposto pola empresa, que prevé 82 despedimentos. | Fonte: Europa Press

OFERTA "INSUFICIENTE"

A maiores, a firma ofrece o plan de acompañamento social, onde asumen o compromiso de recolocación do 90% do persoal afectado. Para CC.OO., a parte empresarial avanzou "minimamente" nas condicións dos despedimentos, cunha oferta "claramente insuficiente" e "moi lonxe de calquera acordo". "Estamos convencidos de que a presión social está a dar resultado e estase forzando a Nova Pescanova a ter que pór sobre a mesa mellores condicións", subliñou CC.OO.

Por iso, o comité de empresa acordou co persoal levar a cabo unha manifestación desde a sede central de Abanca ata a Delegación da Xunta en Vigo o próximo 19 de outubro, aínda que a negociación do ERE continuará o martes 17 ás 17,00 horas no Hotel Coia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta