A nova edición do programa de animación á lectura chega a 13 institutos galegos

O proxecto, que se desenvolve en Galicia entre o 24 de outubro e o 15 de novembro, conta coa participación de Paula Carballeira, Manuel Loureiro, Miriam Ferradáns, Manuel Cranio, María Sánchez Rodríguez, Manuel Carlos Núñez, Jesús Castro Yáñez, Alba Cid, Chiki Fabregat e Cristina García.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2023 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

O Ministerio de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura, pon en marcha unha nova edición do programa de actividades literarias en institutos de Ensino Secundario de titularidade pública, que chegará a 13 centros galegos.

O proxecto, que se desenvolve en Galicia entre o 24 de outubro e o 15 de novembro, conta coa participación de Paula Carballeira (recentemente galardoada co Premio Nacional de Literatura Dramática), Manuel Loureiro, Miriam Ferradáns, Manuel Cranio, María Sánchez Rodríguez, Manuel Carlos Núñez, Jesús Castro Yáñez, Alba Cid, Chiki Fabregat e Cristina García.

Durante estes encontros literarios os autores falarán sobre a súa obra e os seus procesos creativos e manterán un diálogo aberto co alumnado, informa a Delegación do Goberno en Galicia. Con máis de dúas décadas de traxectoria, este programa de animación lectora ofrece ao alumnado "a oportunidade de coñecer de preto o traballo de narradores, poetas, dramaturgos, ilustradores ou tradutores e supón unha oportunidade para que os autores participantes tomen o pulso dos intereses dos mozos lectores".

Imaxe de arquivo dun encontro literario
Imaxe de arquivo dun encontro literario | Fonte: DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta