Identificado, polos restos do coche, o condutor que atropelou a dous operarios na AP-53, en Vedra

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 09/10/2023 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

A Garda Civil identificou, e mantén en condición de investigado, ao home que atropelou en setembro a dous operarios na AP-53, no municipio coruñés de Vedra.

Así o confirmaron fontes da Benemérita consultadas por Europa Press, que precisaron que agora se está tratando de determinar "se marchou ou non se deu conta". Ademais, ratificaron que os restos do coche que quedaron na zona permitiron a súa identificación.

Os feitos, segundo informou o servizo de emerxencias 112, producíronse cando os dous operarios traballaban nunha estrada, no citado municipio. En concreto, resultaron feridos tras ser alcanzados por un turismo que circulaba pola AP-53, quilómetro 9,4, en dirección Santiago.

O coche implicado continuou a marcha tras o atropelo. Os dous feridos, tras o sucedido, foron trasladados a un hospital de Santiago.

Helicóptero recolle a un atropelado nun accidente de tráfico
Helicóptero recolle a un atropelado nun accidente de tráfico | Fonte: URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta