AGAI condena os ataques terroristas de Hamas esta madrugada e apoia o dereito de Israel "a defenderse"

A Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) sinala que o único obxectivo dos ataques terroristas é "a total destrución do único estado democrático da rexión".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2023 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) emitiu este sábado un comunicado para condenar os ataques terroristas de Hamas esta madrugada, solidarizarse coas vítimas e as súas familias e expresar o seu apoio ao "lexitimo dereito" de Israel "a defenderse".

"A nosa repulsa absoluta aos ataques a civís e os secuestros producidos nas cidades de Israel", apunta o comunicado, que prosegue dicindo que estes secuestros, "en moitos casos de civís, mostran con claridade o grao de odio cara ao Estado de Israel por parte das organizacións terroristas como Hamas e evidencian que o único obxectivo dos seus dirixentes é a total destrución do único Estado democrático da rexión".

Desde AGAI expresaron a súa solidariedade coas vítimas "destes actos de violencia e odio perpetrados por milicias de Hamas" e o seu apoio a Israel "no seu lexítimo dereito a defenderse de quen buscan a súa destrución".

A continuación, convidaron "ás máximas autoridades europeas, ao Goberno español, comunidades autónomas e sociedade civil a manifestar o seu total rexeitamento e condena a estes actos terroristas".

Xunta directiva de IGAI
Xunta directiva de IGAI

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Cando van condear o xenocidio palestino perpetrado por Israel ? https://twitter.com/HoyPalestina/st...

1 Emilio

Mágoa non dicir nin pío cando a máquina de guerra xudea esmaga cada día a vida do pobo palestino