Cortes nocturnos na autoestrada A Coruña-Carballo a partiro do domingo día 8 por obras de conservación

Durante dúas xornadas será preciso cortar ramais, para o que se habilitarán as correspondentes alternativas de circulación, que estarán sinalizadas.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/10/2023 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

O avance nos traballos de conservación e reforzo do firme na autoestrada que une A Coruña e Carballo, a AG-55, motivará cortes en varios ramais en horario nocturno a partir do domingo, día 8.

Nun comunicado, a Xunta precisou que as intervencións empezarán pola ligazón 29 Carballo este, ramal de saída, que permanecerá pechado na noite deste próximo domingo ao luns, entre as 00,00 e as 06,00 horas.

Os traballos continuarán na noite do luns ao martes, entre as 22,00 e as 06,00 horas, na ligazón 22 A Laracha, o que fará necesario o corte de carril lento e ramal de saída; e na ligazón 17 Paiosaco, co corte de carril lento e ramal de saída, para actuar no ramal de saída crecente.

Durante estas dúas xornadas será preciso cortar estes ramais, para o que se habilitarán as correspondentes alternativas de circulación, que estarán sinalizadas.

CAMPAÑA 2023

Nesta campaña realízanse actuacións de mellora das características superficiais en 64.900 metros cadrados na AG-55 e 181.225 metros cadrados na autoestrada do Val Miñor (AG-57) Vigo-Baiona, incluíndo o ramal a Nigrán (AG-57 N).

Tamén están previstas actuacións de mellora estrutural en 29.667 metros cadrados na AG 55 e 26.334 metros cadrados na AG-57 incluíndo unha campaña de selado de gretas en 5.450 metros lineais. O orzamento estimado da campaña do ano 2023 suma nas dúas autoestradas autonómicas un total de 1,2 millóns de euros.

Autoestrada
Autoestrada | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta