Modernización dos portos pesqueiros e das lonxas galegas

A Consellería do Mar presentou ao Consello da Xunta o Plan de Equipamentos Pesqueiros de Galicia 2030, que recolle un investimento de 34,7 millóns de euros ata 2030.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2023 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar presentou ao Consello da Xunta o Plan de Equipamentos Pesqueiros de Galicia 2030, que recolle un investimento de 34,7 millóns de euros ata 2030 para a modernización de portos pesqueiros, lonxas, establecementos de primeira venda e lugares de desembarque.

O 70 % deste investimento virá do novo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (Fempa), mentres que os 10 millóns restantes serán achegados pola Consellería do Mar. A cantidade achegada é un 63 % superior ao período 2016-2023, que mobilizou máis de 21,3 millóns para un total de 470 actuacións.

Mellora de instalacións, facilitar a obrigación de desembarque, eficiencia enerxética, implementación da seguridade e dixitalización serán algunhas das liñas a destinar nos apoios. Un total de 122 portos dos 128 de Galicia están xestionados de forma directa pola Xunta a través do ente público Portos de Galicia. O punto de partida do plan márcao a convocatoria de axudas de 2024 para estas actuacións. Sairá publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) en próximas semanas. Poderán beneficiarse confrarías, cooperativas e redeiras, entre outros.

O titular do Goberno galego preside a reunión do Consello da Xunta
O titular do Goberno galego preside a reunión do Consello da Xunta | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta