Tres mortes por atropelo esta semana

A última foi este xoves tras falecer atropelada por un guindastre en Ourense. Houbo outros atropelos en Cangas, Melide e Touro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2023 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

A muller de 72 anos que foi atropelada por un guindastre á primeira hora da mañá deste xoves no centro da cidade de Ourense faleceu no CHUO, onde foi trasladada en ambulancia en estado grave.

A morte da muller foi confirmada polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, a través dunha mensaxe na súa conta na rede social 'X' no que manifestou as condolencias do goberno local aos familiares da vítima.

O atropelo produciuse ás 08,30 horas na intersección da rúa Coruña coa rúa Pena Trevinca da cidade ourensá, onde un guindastre virou á dereita e levou por diante a unha muller que cruzaba por un paso de peóns regulado por semáforos, segundo trasladou a Policía Local de Ourense.

Imaxe dun atropelo.. GARDA CIVIL
Imaxe dun atropelo.. GARDA CIVIL

OUTROS ATROPELOS

Este é o cuarto atropelo con feridos este xoves en Galicia, onde o pasado martes morreron dúas persoas ao ser alcanzadas por vehículos en Santiago e Outes (A Coruña) nunha xornada na que se produciron outroson catro episodios similares en Sanxenxo (Pontevedra), Ourense, Xinzo (Ourense) e A Coruña.

Así, unha muller de 78 anos tivo que ser evacuada en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo despois de ser alcanzada por unha furgoneta no porto de Cangas (Pontevedra).

ATROPELO A AVOA E NETA EN MELIDE

Por outra banda, tamén na mañá deste xoves, un condutor que proseguiu a marcha alcanzou co seu vehículo a unha avoa e a súa neta na rúa da Martagona na confluencia coa rúa Cuba do municipio coruñés de Melide.

OUTRO ATROPELO EN TOURO

O cuarto dos atropelos rexistrados na mañá deste xoves produciuse ao redor das 07,30 horas no concello coruñés de Touro, onde un home sufriu un golpe nun brazo ao ser alcanzado por un vehículo na estrada AC-960.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta