Os dereitos sobre dúas minas de litio de Ourense pasa á empresa canadense IberAmerican Lithium

A mineira asegura que se centrará inicialmente nun programa de perforación diamantina durante o cuarto trimestre de 2023.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2023 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

A mineira canadense IberAmerican Lithium fíxose co 100% dos dereitos de dúas minas de litio na provincia de Ourense, chamadas Alberta II e Carlota. Nun comunicado, a compañía anuncia que comprou á Strategic Minerals, por un millón de dólares canadenses en efectivo, o 30% que lle restaba para ter a totalidade do control das minas. Así mesmo, presenta un plan de exploración inicial centrado nas sondaxes anteriores.

"Estamos moi satisfeitos de posuír agora o 100% dos dereitos dos proxectos de litio. Isto facilitará e permitirá obter financiamento no futuro e outórganos o control exclusivo da exploración e o desenvolvemento dos proxectos", destaca o conselleiro delegado da compañía, Campbell Becher.

A mineira asegura que, tras a recepción dos permisos que permitirán o inicio dun programa de exploración, IberAmerican centrarase inicialmente nun programa de perforación diamantina durante o cuarto trimestre de 2023 de aproximadamente entre 40 e 50 buracos na sección norte da área do permiso Alberta II, "ampliando especificamente a perforación realizada previamente na área do permiso en 2012 co fin de obter máis información sobre a mineralización". A empresa tamén levará a cabo un amplo programa de mostraxe xeolóxica na sección sur de Alberta II.

"Estamos moi contentos de comezar este sólido programa de exploración e esperamos poder anunciar os resultados preliminares das actividades iniciais de perforación e prospección no primeiro trimestre de 2024", agrega Becher.

IberAmerican Lithium busca "descubrir o potencial sen explotar do litio" en Galicia, un tipo de metal moi demandado para cuestións como a fabricación de baterías ou móbiles. Conta cun corredor de 27 quilómetros entre municipios ourensáns como Avión e Beariz, que suman unhas 3.685 hectáreas. Asegura que confirmou a presenza de litio de alta lei en mostras de roca.

Ecoloxistas denuncian novas sondaxes na mina de litio Alberta I, situada entre as provincias de Pontevedra e Ourens
Ecoloxistas denuncian novas sondaxes na mina de litio Alberta I, situada entre as provincias de Pontevedra e Ourens | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta