Como é que os gandeiros galegos son os peor pagados cando producen o 56% do leite do estado?

O prezo do leito sofre unha caída de 10 céntimos por litro respecto de comezos de 2023 e segue á cola do estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2023 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

O prezo medio do litro de leite que se paga a gandeiros en Galicia afundiuse ata os 49 céntimos en agosto --2,3 céntimos menos que os 51,3 céntimos de xullo--, de forma que por primeira vez baixa dos 50 céntimos desde setembro de 2022, segundo datos do Ministerio de Agricultura.

Deste xeito, o prezo do leite en Galicia afástase da media española, de 51,8 céntimos. O feito é que segue á cola do estado, pero agora está 2,8 céntimos por baixo da media española, cando o mes anterior a diferencia era de 1,7 céntimos.

De feito, Galicia é a única comunidade por baixo dos 50 céntimos. Contrasta con que na veciña Asturias páganse 54,3 céntimos por litro de media. Este esborralle é aínda máis acusado no que vai de 2023 se se ten en conta que a comezos de ano marcábanse cifras marca por litro, ata os 58,9 céntimos elevouse en febreiro.

CONTINÚA A PERDA DE PRODUTORES

Pola súa banda, prosegue a continua caída de produtores galegos que realizan entregas, 5.792 en agosto, o que supón 32 menos que o mes anterior. Galicia entrou en 2023 baixando da barreira dos 6.000 produtores e continúa en descenso. No entanto, supoñen o 56,5% do total de máis de 10.000 gandeiros lácteos en España.

A produción láctea descendeu a 251.805 toneladas en agosto, case 8.000 toneladas menos
que en xullo. No acumulado do oito primeiros meses do ano, a produción galega supón o 41% do total do país. O 66% das entregas fixéronse na propia comunidade e o 34% restante levaron fóra de Galicia.

vacas dunha gandaría de lácteo en Sabadelle, Chantada
vacas dunha gandaría de lácteo en Sabadelle, Chantada | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta