A Coruña acolle do 4 ao 6 de outubro un encontro nacional de enxeñaría hospitalaria

Disporá dun programa científico/técnico que abordará temas como a economía azul, a enxeñaría biomédica, intelixencia artificial, arquitectura sanitaria e xestión dos recursos humanos na enxeñaría, entre outras cuestións. Reunirá na cidade herculina a case mil congresistas e máis de 130 empresas patrocinadoras, que terán unha exposición comercial dun centenar de casetas.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/10/2023 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia