A "podemización" do PP de Feijóo... cando Tellado usa a estratexia do "escrache" contra Óscar Puentes

Un dos cargos de confianza do líder do PP carga contra o socialista Óscar Puente, insultado por un cidadán no AVE Valladolid-Madrid. O PSOE pedíu a súa dimisión e os populares contestaron acusando ao deputado case de abuso de poder.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/09/2023 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

O vicesecretario de Organización do Partido Popular e deputado no Congreso por Coruña, Miguel Tellado, recibiu o apoio do seu partido, e tamén do seu líder, Alberto Núñez Feijóo, tras acusar ao deputado e voceiro deste partido no discurso de Investidura, Óscar Puente, de ser o responsable do atraso de 20 minutos no AVE Valladolid-Madrid despois de que o socialista fora increpado e insultado por un cidadán.

O vicesecretario de Organización do Partido Popular, Miguel Tellado. Foto de arquivo. Juanma Serrano - Europa Press
O vicesecretario de Organización do Partido Popular, Miguel Tellado. Foto de arquivo. Juanma Serrano - Europa Press

É máis, neste comentario nas súas redes sociais, Tellado ía máis alá e mesmo chamaba "matóns" aos socialistas, aludindo ao incidente dun concelleiro de Madrid, Daniel Viondi  que deulle tres pequenas labazadas na cara o alcalde de Madrid, Martínez Almeida. Este edil dimitía horas despois e iso mesmo foi o que lle pediron líderes socialistas e o propio Óscar Puente a Tellado por fomentar cos seus comentarios odio e incitación á violencia contra o PSOE.

Pero lonxe diso,  o PP saíu en apoio de Tellado acusando a  Puente de "abuso de poder" por "non saber encaixar a crítica dun cidadán sobre o apoio do PSOE á amnistía" e "provocando un atraso de 20 minutos nun transporte público, esixindo de malas formas que a policía o baixe do tren".

Ante a insistencia nos seus comentarios, o parlamentario socialista decidiu borrar das súas redes sociais ao vicesecretario de Organización do Partido Popular que, lonxe de de calar, acusouno de "insultalo" e de "bloquealo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta