A Xunta ironiza co uso do galego en Madrid: "a Moncloa ben vale un pinganillo"

O PSdeG critica que aos populares lles molesta a "diversidade" e "pluriculturalidade" no Estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2023 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Formación Profesional, Román Rodríguez, manifestou a súa "pena" polo "mercadeo" do galego e o resto de linguas no Congreso, algo que, sostén, non se corresponde con trasladar o que é "normal" na rúa ás institucións, senón que se "resume", dixo, en que "Moncloa ben vale un pinganillo".

Con estas palabras contestou á deputada socialista Noa Díaz, quen reivindicou que se trata unha medida de "diversidade" no Estado. "Moléstalles a reivindicación da multiculturalidade, iso é o que lles molesta, ou pode ser que tamén lles molesta o galego, que debería ser un motivo de orgullo e non de vergoña", defendeu.

A deputada do PSdeG subliñou que foi un deputado socialista, José Ramón Gómez Besteiro, o primeiro que falou en galego con "naturalidade", respecto diso do que o conselleiro de Educación ironizou sobre que de 12 minutos de intervención, "non falou dous seguidos" na lingua propia.

Román Rodríguez censurou que o que está detrás da inclusión das linguas cooficiais é unha condonación da débeda a Cataluña. Diso "non se quere falar, que parte da torta vai pagar" Galicia. "Dáme pena o mercadeo", dixo, sobre "un uso tan íntimo como o da lingua".

FACELO "NORMAL" NAS INSTITUCIÓNS

Neste mesmo sentido, criticou que se diga que supón "facer normal" nas institucións o que é "normal" na rúa, porque, xustificou, no territorio estatal vaise dun sitio a outro e a xente comunícase cun idioma común.

Pola súa banda, Noa Díaz acusou a Alberto Núñez Feijóo de "soberbia e falta de respecto" por non usar o tradutor. "Como se explica que quen foi presidente nin sequera usase os auriculares", preguntouse, ironizando con que co "catalán" podería entenderse porque "seguro que o fala na intimidade", pero é "unha falta de respecto" co euskera. "O galego deféndese falando, aquí e en Madrid", salientou, facendo súas unhas palabras de Feijóo (na primeira parte da frase".

O escano de Feijóo durante a segunda sesión do debate de investidura do líder do Partido Popular
O escano de Feijóo durante a segunda sesión do debate de investidura do líder do Partido Popular | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta