Invetigan a morte a tiros de nove cabalos salvaxes na Serra do Barbanza

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2023 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

O Seprona investiga a aparición de sete cabalos salvaxes mortos con signos aparentes de violencia na serra do Barbanza, que abarca varios municipios no suroeste da provincia da Coruña.

Trátase de seis eguas e un poldro que pertencen a un mesmo propietario, ademais doutros dous cabalos da comunidade de montes de Baroña --Porto do Son--, segundo confirmaron este luns fontes da Garda Civil.

A morte dos cabalos, que presentan indicios de ser abatidos a tiros, produciuse entre o martes 19 e o xoves 21 de setembro en varios puntos da serra do Barbanza, que se estende polos municipios da Pobra, Boiro e Porto do Son.

Tras a denuncia presentada no posto da Garda Civil de Boiro polos propietarios dos animais, o Seprona leva a cabo unha investigación para tratar de esclarecer os feitos.

Cabalos salvaxes, ou bestas, na Serra do Xistral
Cabalos salvaxes, ou bestas, na Serra do Xistral | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta