Reforzadas as liñas de autobús de Noia e de Outes co Hospital Clínico de Santiago

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2023 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

A Xunta reforzará desde este luns as conexións de autobús dos concellos coruñeses de Noia e Outes co Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. O obxectivo é atender as solicitudes do persoal sanitario do hospital, compatibilizando os servizos de autobús cos seus horarios de entrada ao traballo, ademais de dar resposta ás demandas dos municipios.

Desta forma, reforzarán a conexión da ruta Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros a través da creación dun servizo adicional que sairá da estación intermodal de Santiago ás 22,15 horas, pasará polo Hospital Clínico ás 22,20 horas e chegará a Muros ás 23,55 horas.

O servizo da liña Santiago-AG-56-Urdilde-Noia-Muros por Ponte Nafonso e San Caetano, que sae ás 06,05 horas desde Muros, funcionará todos os días do ano, festividades incluídas. Ata o momento, realizábanse en tempada laborable de inverno, de luns a venres non festivos.

Estás liñas dispoñibles a diario, incrementarán a oferta de servizos entre os concellos de Noia e de Outes co Hospital Clínico de Santiago de Compostela, á vez que facilitarán os desprazamentos do persoal sanitario.

CHUS, Hospital Clínico de Santiago
CHUS, Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Sergas - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta