O Sergas recibe un premio a nivel nacional pola excelencia do sistema sanitario

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2023 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, recolleu, en Valencia, o premio á excelencia do sistema sanitario, no marco do II Atopo Nacional sobre Xestión Sanitaria, Financiamiento e Accesibilidade a Novas Terapias e Medicamentos.

O acto reuniu a especialistas e responsables da política e da a xestión sanitaria co obxectivo de tratar as principais solucións, terapias e medicamentos innovadores que se desenvolven na actualidade, ademais de avaliar a accesibilidade destes novos tratamentos.

Segundo informou a Xunta, no encontro Aboal recibiu un galardón no que se recoñece o seu labor de xestión como director xeral. Ademais, participou nunha mesa redonda na que destacou o "importante avance" que suporá para a sanidade pública galega a construción e posta en marcha do Centro de produción de terapias avanzadas (Car-T), así como a do novo Centro de Prontoterapia de Galicia.

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, recolle o premio á excelencia do sistema sanitario. XUNTA
O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, recolle o premio á excelencia do sistema sanitario. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta