Os deputados de Vox abandonan o Congreso durante a intervención en galego de Besteiro

Deixaron os auriculares no sillón de Pedro Sánchez. O PP pide que non se usen as linguas cooficiaiais ata que non se aprobe o regulamento da Cámara.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 19/09/2023 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

Os deputados de Vox abandonaron o hemiciclo do Congreso ao arranque da sesión plenaria deste martes cando o deputado do PSOE por Lugo José Ramón Besteiro estreou o dereito a utilizar as linguas cooficiais nos debates parlamentarios usando o galego para a primeira parte da súa intervención.

Besteiro subiu á tribuna a defender a proposta de reforma do Regulamento que dá vía libre á utilización do galego, o eúscaro e o catalán na Cámara. Tras dar os bos días en castelán e nas tres linguas citadas, agradeceu ao seu grupo que lle permitiu a honra de estrear o sistema de tradución simultánea que se instalou para que todos poidan entenderse dentro de Salón de Plenos. "É unha dobre honra facelo na miña lingua materna, o galego", dixo ao comezo dunha intervención na que alternou o galego e o castelán.

Neste contexto, a portavoz de Vox no Congreso, Pepa Rodríguez, pediu a palabra pero a presidenta da Cámara, Francina Armengol, non lla deu alegando que non podía interromper ao orador.

AURICULARES NO ESCANO DE SÁNCHEZ

"Rógolle que sente e que deixe alar ao señor Besteiro. Este é o templo da palabra e o uso de palabra teno o señor Besteiro", dixo Armengol, o que levou aos deputados de Vox ha abandonar os seus escanos e saír do hemiciclo.

Iso si, antes de saír do Salón de Plenos foron deixando un a un os auriculares que se lles facilitaron para poder ter acceso á tradución simultánea no escano do presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, quen non acode á sesión deste martes.

O líder de Vox, Santiago Abascal, e a nova portavoz de Vox no Congreso, Pepa Millán
O líder de Vox, Santiago Abascal, e a nova portavoz de Vox no Congreso, Pepa Millán | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

PP

Pola súa banda, a portavoz parlamentaria do PP, Cuca Gamarra, pediu este martes que se cumpra coa lexislación vixente en relación co uso das linguas cooficiais e que estas non se poidan utilizar no Congreso ata que non estea aprobada a reforma do Regulamento que contempla o seu uso, pero a presidenta da Cámara, Francina Armengol, desatendeu a súa petición alegando que foi a Mesa da Cámara a que acordou dar vía libre desde este martes ao catalán, o galego e o euskera.

PPdeG

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, xustificou a postura do seu partido de non apoiar o uso das linguas cooficiais no Congreso, asunto que cualificou como unha "cortina de fume" para "desviar a atención" sobre as negociacións "con independentistas para conseguir o Goberno de España".

"O pinganillo non une, divide, é unha escusa para tapar outras cousas", sinalou sobre as negociacións de PSOE e Sumar para solicitar os apoios de face á conformación dun goberno e, en referencia, en concreto, a unha posible lei de animistía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta