Símbolos fascistas que aínda resisten en Ferrolterra, Eume e Ortegal

Piden a retirada de 124 deles.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2023 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O sociólogo Manuel Monge presentou no rexistro da Subdelegación do Goberno da Coruña un escrito no que solicita a retirada de 124 símbolos franquistas das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Segundo informa a través dun comunicado, este documento elaborouno "como sociólogo e vítima do franquismo" e vai dirixido ao catálogo de elementos contrario á memoria democrática que está a elaborar o Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática.

No mesmo, indica que, segundo a Lei de Memoria Democrática (LMD), pode incluír "aqueles elementos que se soliciten polas vítimas, os seus familiares ou as entidades memorialistas, en defensa do seu dereito á honra e a dignidade, ou resulten de estudos e traballos de investigación".

Monge especifica que estes 124 elementos "contrarios á memoria democrática" repártense en 11 concellos. En concreto, 65 deles están en Ferrol, 14 en Ares, catro en Cariño e tres en Fene. Así mesmo, en Mañón hai dous, oito están en Mugardos, sete en Narón, dous deles en Neda, dez en Ortigueira, Pontedeume posúe oito e San Sadurniño, un.

Retirada dun símbolo franquista na igrexa parroquial de Lalín a instancias do cura párroco
Retirada dun símbolo franquista na igrexa parroquial de Lalín a instancias do cura párroco | Fonte: Concello de Lalín

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta