Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2023 | Actualizada ás 12:45
A Vicepresidencia Segunda do Goberno e a Real Academia Galega (RAG) informaron da cancelación da visita que ía realizar a titular en funcións do departamento estatal, Yolanda Díaz, á institución autonómica, onde prevía tamén reunirse coa executiva da entidade, que encabeza Víctor F. Freixanes.
Ambas as entidades informaron de que a cancelación se produce por motivos técnicos alleos tanto ao departamento do Goberno central como á RAG.
Fontes da Vicepresidencia Segunda explicaron a Europa Press que problemas técnicos no avión no que ía viaxar á Coruña desde Madrid a tamén ministra de Traballo e Economía Social en funcións obrigaron a aprazar a visita, que se producirá, engaden, "outro día".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.