A filóloga Kathleen March, académica de honra na RAG o día 23 en Mondariz

A directora da Sección de Lingua da Real Academia Galega, Rosario Álvarez será a encargada de dar resposta ao discurso da profesora estadounidense.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2023 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

A catedrática emérita da Universidade de Maine e filóloga Kathleen March ingresará na Real Academia Galega (RAG) como membro de honra o sábado 23 de setembro. Segundo informou a institución, a filóloga, nacida en Rochester en 1949, autora de traducións e estudos "fundamentais para a proxección internacional da cultura galega" e fundadora da Galician Studies Association, lerá un discurso titulado 'Máis aló do manifesto' nunha cerimonia que terá lugar no Balneario de Mondariz, en Pontevedra.

A Academia volverá celebrar 103 anos despois da recepción de Ramón Cabanillas, segundo recalca, a entrada dun novo membro na corporación neste espazo convertido en "un auténtico centro de promoción e mecenado da cultura galega".

O auditorio Infanta Isabel do Balneario de Mondariz acollerá a partir das 17.30 horas a sesión académica, aberta ao público ata completar a capacidade do salón e que temrinará cun concerto de Amancio Prada.

A directora da Sección de Lingua da Real Academia Galega, Rosario Álvarez será a encargada de dar resposta ao discurso da profesora estadounidense. A autora chegou por primeira vez a Galicia no ano 1975 para investigar a poesía de Manuel Antonio, coautor do manifesto 'Máis aló' (1922), evocado no título do ensaio co que ingresará na RAG.

Kathleen March (Rochester en 1949), catedrática emérita da Universidade de Maine. SANTOS-DÍEZ
Kathleen March (Rochester en 1949), catedrática emérita da Universidade de Maine. SANTOS-DÍEZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta