Unha sección do 'Mundo Árabe' na Biblioteca de Verín

A Biblioteca Municipal do concello vén de crear un fondo bibliográfico tanto en lingua árabe como en castelán sobre a cultura, literatura e outros aspectos xerais que profundizan e recoñecen o valor do mundo árabe e o seu desenvolvemento en diferentes manifestacións culturais. Esta iniciativa contribuirá a satisfacer o interese crecente de usuarias e usuarios árabes.

Por Galicia Confidencial | Verín | 07/09/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Biblioteca de Verín conta xa cun apartado documental no que se poden atopar materiais sobre a cultura e outros aspectos do mundo árabe. Esta iniciativa foi posible grazas á colaboración e ao interese de Luisa Mora Villarejo, xefa de Servizo da Biblioteca Islámica "Félix María Pareja", dependente da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) (Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación), que en todo momento mostrou a súa implicación na iniciativa da Biblioteca Municipal de Verín.

A concelleira de Cultura xunto a persoal da Biblioteca Municipal. Foto: Prensa Concello de Verín.
A concelleira de Cultura xunto a persoal da Biblioteca Municipal. Foto: Prensa Concello de Verín.

Segundo trasladan do Concello de Verín, nos últimos tempos a biblioteca viu incrementar o número de usuarios e usuarias árabes que buscan na nosa biblioteca información, lecturas xerais e de lecer sobre a súa cultura.

A nova sección está integrada por máis de medio cento de libros doados pola Biblioteca Islámica "Félix María Pareja", que abranguen desde diccionarios árabe-castelán, Antoloxía poética, escritos sobre literatura palestina, Islam e dereitos humanos, entre outros.

"Esta nova sección na Biblioteca Municipal de Verín é un paso importante para promover o coñecemento e a comprensión da rica cultura árabe entre a cidadanía. Agradecemos a colaboración da Biblioteca Islámica 'Félix María Pareja' e esperamos que esta iniciativa fomente a interculturalidade e o diálogo entre as nosas comunidades", explicou a concelleira de Cultura, Samanta Barreira

Biblioteca Municipal de Verín. Foto: XMF
Biblioteca Municipal de Verín. Foto: XMF
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta