A Xunta defende o sistema de axudas para a compra de libros de texto fronte á gratuidade e subliña o aumento do 12 %

Román Rodríguez, nunha entrevista no 'Bos días', avanzou que, a falta de contar cos últimos datos, o sistema educativo galego "terá máis profesores e unidades a pesar de ter menos alumnos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2023 | Actualizada ás 16:23

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, considerou "adecuada" a metodoloxía de Xunta de conceder axudas en función da renda e o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, remarcou o "incremento do 12 %". Así, Rueda, na súa intervención nun acto no inicio de curso na nova escola infantil da Cidade da Xustiza de Vigo, matizou que este curso "aumentaron a dotación" para chegar a "un 40 % máis de familias".

Con todo, Rueda si defendeu a gratuidade total nas escolas infantís, ao considerar que é "efectiva", como demostra o aumento na taxa de matriculación e escolarización de 0 a 3 anos. Por outra banda, o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, nunha entrevista no 'Bos días', avanzou que, a falta de contar cos últimos datos, o sistema educativo galego "terá máis profesores e unidades a pesar de ter menos alumnos".

Estas cifras achacounas á "aposta que a Xunta fai na educación" e resumiuno en dous feitos: Galicia é a terceira comunidade "que máis inviste por estudante" e que o seu departamento conta co orzamento "máis alto da súa historia". Así mesmo, Román fixo referencia aos diferentes retos deste inicio de curso que está marcado pola inflación. Ante isto, explicou que o Executivo galego ten "eficaces medidas" como o "incremento de axudas de libros de texto do 12 %", o fondo de préstamos e o bono do material escolar. "Estamos a falar que aproximadamente o 70 % dos alumnos reciben algún tipo de axuda por parte da Administración galega", remarcou Rodríguez.

Libros de texto
Libros de texto | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta