Os libreiros galegos pide ao profesorado e ás familias fomentar o hábito de lectura no inicio do curso escolar

"Unha das claves para que ler sexa parte da vida real dos nenos e nenas é que os libros que se lles achegan sexan realmente atractivos para eles", destaca a Federación de Librarías de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2023 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

A Federación de Librarías de Galicia animou ao profesorado e ás familias a fomentar o hábito lector dos máis novos no novo curso escolar e apuntan algunhas das claves que transforman a lectura "nun pracer por encima do proceso formativo".

Nun comunicado, a entidade sinala que "hai xa anos" que os educadores e as bibliotecas traballan "moi adecuadamente a selección de lecturas recomendadas para os máis pequenos".

"Unha das claves para que ler sexa parte da vida real dos nenos e nenas é que os libros que se lles achegan sexan realmente atractivos para eles", destaca.

Ademais de lecturas idóneas para a idade, contemporáneas e adecuadas ao gusto persoal de cada infante, engaden outros hábitos que poden axudar a transformar a calquera menor "nun lector ou lectora voraz" como que nas casas os libros estean "ao alcance da man" ou "escoitar e compartir" con eles as impresións das lecturas.

Educadores e bibliotecas traballan a selección de lecturas recomendadas para os máis pequenos. FEDERACIÓN LIBRARÍAS GALICIA
Educadores e bibliotecas traballan a selección de lecturas recomendadas para os máis pequenos. FEDERACIÓN LIBRARÍAS GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta