O PSOE defende a xestión de Carmela Silva á fronte da Deputación de Pontevedra e esixe ao actual presidente "que pida perdón"

O portavoz do grupo socialista, Carlos López Font, esixiu unha "rectificación inmediata" a Luís López, "que se desculpe e pida perdón", por afirmar que os datos económicos do anterior goberno provicial son "preocupantes" polo gasto excesivo.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 04/09/2023 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

O grupo provincial do PSOE na Deputación de Pontevedra saíu ao paso das críticas do actual goberno provincial sobre a xestión económica da institución cando a socialista Carmela Silva estaba á fronte, e defendeu dita xestión, á vez que esixiu ao actual presidente, Luís López, "que pida perdón".

Nunhas declaracións remitidas aos medios, o portavoz do grupo socialista, Carlos López Font, esixiu unha "rectificación inmediata" a Luís López, "que se desculpe e pida perdón", por afirmar que os datos económicos do anterior goberno provicial son "preocupantes" polo gasto excesivo.

Segundo indicou López Font, esas afirmacións carecen de todo rigor e non se corresponden coa realidade. "A xestión económica do anterior goberno (provincial) foi cualificada polo Tribunal de Contas de España e polo Consello de Contas como un modelo de transparencia", subliñou, á vez que retou ao 'popular' Luís López a manter un debate sobre a situación orzamentaria e o grao de execución das contas.

"Agora imos entendendo por que se nomea desde o PP ao señor López como presidente da Deputación, sendo o último candidato da lista municipal dun concello de 2.500 habitantes, e obrigando a dimitir a todos os que lle precedían para que puidese ser presidente da Deputación. Isto é unha manobra moi propia do PP", proclamou López Font, que aseverou que Luís López foi nomeado "para difamar".

A ex presidenta da Deputación en Pontevedra, Carmela Silva
A ex presidenta da Deputación en Pontevedra, Carmela Silva | Fonte: Gustavo de la Paz

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Sí é certo que ninguén comprende o procedemento indigno para nomear ao novo presidente da Deputación ! Pero se alguén ten o Doutorado en Difamador será o cancerbeiro López Font que pasou tres anos extorsionando en difamando e mentindo contra Diego (activista da parroquía do Cristo da Vitoria en Coia) cando se manifestaba contra o despilfarro do Barco Alfageme ! López Font daquela era Concelleiro de Seguridade e empregou un falso testimonio dun Policía Local para pedirlle a Diego unha indemnización de máis de 30.000 € e Tres Anos de Prisión ! Eso sí que é ter un Master en Difamación !