Así funciona o tráfico ilegal de mercadorías de pescado en Galicia

Intervidas máis de 15 toneladas de peixe espada nun camión ao seu paso por Rande, en Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2023 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Pontevedra interveu máis de 15 toneladas de peixe espada sen a correspondente documentación de rastrexabilidade nun camión, ao seu paso pola ponte de Rande (Pontevedra), segundo informa. Unha operación na que se conseguiu desbaratar un operativo de venda ilegal de peixe ao estranxeiro.

O pasado 15 de xuño, axentes do Seprona e a PAFIF de Vigo estableceron un dispositivo conxunto orientado ao control do tráfico de mercadorías por estrada sobre a N-552 ao seu paso por Rande dentro as súas respectivas funcións de protección da natureza e na loita contra o contrabando.

Durante o control, deuse o alto a un camión con semi-remolque frigorífico que transportaba peixe conxelado. Requirida a documentación pertinente ao condutor, este presentou un documento de uso interno, sen validez para amparar o transporte e que, ademais, declaraba 5.000 quilos menos de carga.

Examinado o interior da caixa do camión, comprobouse que o peixe transportado, peixe espada conxelado, tamén carecía das etiquetas identificativas obrigatorias para acreditar a súa rastrexabilidade.

Ante as evidencias de que se trataba dun transporte ilícito de alimentos, os axentes requiriron apoio do Servizo de Seguridade Alimentaria da Xunta de Galicia, que, tras o seu exame, procederon á inmovilización e precinto cautelar do peixe espada que alcanzaba un peso de 15.554 quilos, cun valor no mercado ao redor dos 230.000 euros.

Nas posteriores investigacións, comprobouse que estivera almacenado noutros lotes legais nun coñecido frigorífico da zona e fora vendido a un comercializador que pretendía trasladalo a Italia mesturado con outras partidas de mercadoría documentadas.

Peixe ilegal incautado
Peixe ilegal incautado | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta