O Concello da Lama impulsa 'cheques bebé' por valor de 1.000 euros para fomentar a natalidade

Tamén se busca o empadroamento de novas familias no termo municipal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2023 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

O Concello da Lama, en Pontevedra, abre o prazo durante os meses de setembro e outubro para solicitar o 'cheque bebé' en concepto de axudas por fillo nado ou adoptado entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022. A contía será de 1.000 euros que se pagarán en dúas anualidades.

O prazo para solicitar acollerse a esta iniciativa, segundo informa nun comunicado de prensa o Consistorio, finaliza o próximo 30 de outubro e poderán ser beneficiarios das axudas uno dos proxenitores ou adoptantes de menores con residencia fixada na Lama, onde debe estar empadroado con 12 meses de antelación ininterrompidos, como mínimo, ao nacemento ou adopción.

Ademais, os beneficiarios deberán constar como empadroados tamén no momento de recibir as axudas. Os impresos e a documentación requirida deberán ser entregados nas oficinas municipais do Concello da Lama ou por sede electrónica.

Casa Consistorial da Lama
Casa Consistorial da Lama

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta