Galicia non descarta grandes lumes en setembro ou outubro

Rueda asegura que "se estará moi alerta" e se manterá o dispositivo actual.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/08/2023 | Actualizada ás 15:29

Comparte esta noticia

O que vai do 2023 é un dos máis tranquilos dos últimos anos en canto a incendios forestais. As chuvias que caeron en xuño, xullo e agosto e que Galicia escapara ás distintas ondas de calor que sufriu o Estado permitiu que este verán non se teñan producido grandes lumes.

Fume provocado por un incendio forestal na parroquia de Belesar, a 6 de agosto de 2023, en Vilalba, Lugo, Galicia (España). Varios medios de extinción, terrestres e aéreos, foron mobilizados na noite do domingo 6 de agosto a este luns 7 por un in. Gustavo da Paz - Europa Press

É algo que recoñece o propio presidente da Xunta. Alfonso Rueda destacou que a situación de "tranquilidade" que vive o país en canto a incendios forestais ten que ver, en parte, coa climatoloxía. con todo, asegurou que "non baixa a garda" porque noutros anos, nos meses de setembro e outubro, tiveron lugar incendios "importantes e con vítimas". "A campaña non rematou e adaptaremola a situación. Estaremos moi en garda cos efectivos que temos por diante", salientou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta