Acusan ao PPdeG de tentar legalizar as usurpacións franquistas dos montes veciñais

A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) denuncia á Xunta tras o seu constante apoio aos "usurpadores" de terreos de montes veciñais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/08/2023 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) denuncia as recentes declaracións públicas, feitas polo Conselleiro do Medio Rural e máis polo Presidente da Xunta de Galicia, polas que o Partido Popular ven de confirmar a súa intención de legalizar as usurpacións franquistas dos montes veciñais. O PP posicionouse a prol da Plataforma Galega de afectados polas comunidades de montes, empresarios e particulares, que reclaman a propiedade dunhas terras vendidas ou cedidas polos concellos, que non eran titulares, senon usurpardores das mesmas.

Montes Veciñais en Man Común de Rebordelo
Montes Veciñais en Man Común de Rebordelo | Fonte: Europa Press

Segundo a Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), co fin de legalizar as usurpacións franquistas dos montes veciñais, tanto ao Conselleiro do Medio Rural como ao Presidente da Xunta de Galicia, "non lles importa saltarse a lexislación vixente sobre os montes veciñais". O primeiro criticando as sentenzas da Xustiza que fallan a favor das comunidades de montes e obrigan a devolver o territorio usurpado á veciñanza. O segundo xustificando a usurpación co argumento de que non é licito devolver estas terras ás comunidades de montes porque dende hai anos están empleados en outros usos distintos.

Por un lado, ORGACCMM, critica ao Conselleiro do Medio Rural por querer impedir a aplicación do carácter de titularidade xermánica dos montes veciñais, xa que a imprescritibilidade dos montes veciñais fai que a antiguedade da usurpación non sexa fundamento de dereito para protexer ao infractor e permitir a impunidade da usurpación.

Polo outro, ao presidente da Xunta por obviar a vixente lexislación de montes veciñais e un número importante de sentezas que confirman que, independentemente dos usos actuais, son montes veciñais en man comúns, os que se demostren que foron usados e aproveitados pola veciñanza comuneira, non entendida como un ente administrativo, senón como grupo social.

"A Consellaría do Medio Rural sabe moi ben que non se poderán legalizar as usurpacións franquistas dos montes veciñais, mentres non se elimine o carácter de titularidade xermánico dos montes veciñais", explican dende a organizacións. Por iso, no chamado Libro Blanco, sobre a reforma da regulación dos montes veciñais en man común da comunidade autónoma galega, contemplase a eliminación do carácter mediante a consideración de veciñanza comuneira a persoas que non viven no lugar, aldea ou parroquia no que se asenta o monte veciñal. Dotando as comunidades de montes de personalidade xurídica e sacando da consideración de monte veciñal a aqueles montes veciñais que, segundo o criterio da Consellería, non teñan aproveitamento forestal.

Sobre este libro, OGACCMM denucia que é "un chamado Libro Blanco que comenza con unha mentira, xa que na súa portada afirma que no mesmo recollense as achegas recibidas no proceso de participación pública do mes de Abril de 2022. Isto é mentira xa que o chamado Libro Blanco non recolle as achegas da Organización Galega de Comunidades de Montes".

Entre as aportacións da ORGACCMM, hai unha que solicitaba que a futura lexislación sobre os montes veciñais en man común contemplase a declaración de nulos de pleno dereito todos os actos e negocios xurídicos que se levaron adiante nos montes veciñais. Solicitude que está tamén recollida na proposta para unha lei de montes veciñas contemplada na Iniciativa Lexislativa Popular, presentada no Parlamento Galego co aval de 12010 sinaturas da veciñanza comuneira e da sociedade galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta