O PPdeG sobre a investidura de Feijóo: "Se non é agora, a medio prazo haberá un goberno do PP"

Di que Feijóo "é realista" e que "non ten fácil" a investidura porque "non vai ceder ante ningunha chantaxe".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2023 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, lembrou este luns que Alberto Núñez Feijóo "ten o encargo do Rei" para acudir á investidura, aínda que, como dixo o propio líder do PP en Soutomaior, é un proceso que "non ten fácil" porque "non vai ceder a ningunha chantaxe".

Nunha rolda de prensa en Santiago, a preguntas dos medios, Prado rexeitou que o feito de que Feijóo, na apertura do curso político en Soutomaior, abrise a porta a non alcanzar os votos para unha investidura non é derrotismo, se non "realismo". "Hai que ser realistas e partir dun escenario realista", dixo Prado, que instou a non "xerar falsas expectativas" de "vitoria na investidura cando faltan catro votos".

"Nós cremos que o presidente Feijóo ten que asumir o encargo que lle fixo a súa maxestade, porque é o candidato que gañou as eleccións", apuntou, aínda que sinalou que "non ten fácil a investidura" porque "non vai ceder a ningunha chantaxe". "Non vai converter a investidura nunha poxa nin favorecer a ruptura de España", engadiu.

Para a viceportavoz do Grupo Popular, a "tomadura de pelo" foi que o PSOE acudise á reunión con Felipe VI "con 30 apoios menos" e instou aos socialistas a "asumir que perderon as eleccións e que, a día de hoxe, tampouco teñen os apoios necesarios" a menos que conten cos independentistas cataláns, que "pon sobre a mesa cuestiones de rompen coa legalidade".

"O que se está dicindo é que non é fácil conseguir eses catro votos e, se non se conseguen, non pasa nada. Se non é agora, a curto ou medio prazo vai haber un Goberno do PP", dixo Prado que, no entanto, asegurou que Feijóo "parte dunha boa cifra" para a investidura.

A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado.
A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta