Pistoletazo á XXXIV Festa dá Istoria de Ribadavia, coa visita dos conselleiros de Cultura e Medio Rural

Lembra, ano tras ano, o pasado do municipio e os seus arredores

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2023 | Actualizada ás 16:44

Comparte esta noticia

Os conselleiros de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e de Medio Rural, José González, participaron este sábado no desfile da XXXIV edición da Festa dá Istoria que percorre distintas rúas do municipio ourensán.

O pregón correu a cargo de Enrique Rodríguez Padrón e deu comezo a distintas actividades culturais, entre concertos, espectáculos e exhibicións que se celebrarán durante este fin de semana.

A Festa dá Istoria lembra, ano tras ano, o pasado do municipio e os seus arredores, achegando ao presente as tradicións e vivencias cunha recreación medieval onde se atopan representados diferentes oficios da época.

Os conselleiros de Cultura, Román Rodríguez, e de Medio Rural, José González, participan na Festa dá Istoria. XUNTA DE GALICIA
Os conselleiros de Cultura, Román Rodríguez, e de Medio Rural, José González, participan na Festa dá Istoria. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta