Galicia baixa dos 30º e a temperatura media sitúase por baixo dos 25º

A temperatura máis elevada foi case 38º en Arbo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2023 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

A onda de calor deixou paso a temperaturas máis suaves en Galicia de forma que pasado o mediodía deste venres os termómetros non alcanzan os 30 graos en ningún punto de Galicia. 

Sol e calor
Sol e calor | Fonte: Xunta

Así, Meteogalicia dá conta duns valores máximos que se sitúan en 27,9 graos en Arbo (Pontevedra), 27,5 graos en Leiro (Ourense) e 27,1 graos en Vilamartín de Valdeorras (Ourense).

Algo por encima dos 26 graos marcou o mercurio en Ponteareas (Pontevedra) e en Verín (Ourense) sobre as 13,00 horas deste venres.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta